Galicia

Concerto homenaxe a ‘Fito’ Domínguez, en Redondela, con Treixadura e A Roda

Os grupos folk A Roda e Treixadura renderán unha homenaxe o próximo martes , día 28, no Auditorio Multiusos da Xunqueira, en  Redondela (8 da tarde) ao cantante e fundador de A Roda, Fito Domínguez, falecido en setembro do ano pasado. O concerto, gratuito, forma parte da campaña “Mil festas máis para a lingua galega”, promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, e a colaboración do Concello de Redondela.

O presidente desta asociación afirmou en rolda de prensa que  trátase dunha homenaxe “máis que merecida” a un home que durante toda a súa vida “dignificou o idioma galego”. Xosé González, explicou que “Mil festas máis para a lingua galega” foi creada hai seis anos e está dirixida principalmente ás comisión de festas dos máis de 300 concellos galegos coa finalidade de que axuden a potenciar a nosa cultura.

González subliñou que, en moitos casos, “hai una marxinación da nosa cultura” que escluese nestas festas e a intención é que “volvan a lugares de rencontro dos galegos coa súa identidade e focos dendo os que divulgar o noso patrimonio cultural”.

 

You may also like