Multitudinaria manifestación en Compostela dos Afectados polas Preferentes

Centos de membros das plataformas de Afectados pola compra de Preferentes das caixas galegas, manifestáronse este sábado en Santiago para “reclamar a devolución dos nosos aforros” e esixir que “sexa a banca quen pague o rescate e non os afectados”. Segundo o seu voceiro, “o goberno está a lexislar en contra dos cidadáns para rescatar á banca e aos estafadores”.

A manifestación que saiu ás 11.30 horas da Praza de Galicia e remato una residencia oficial do presidente da Xunta, en Monte Pio, serviu para “advertir a Feijóo de que debe velar polos intereses dos galegos, para que ese aforro sexa devolto e que sexan as entidades bancarias as que paguen”.

A día de hoxe, máis de 60.000 afectados non recuperaron o seu diñeiro e o vindeiro día 15 o Ministerio de Ecconomía comunicará quítalas, co cal “se porá de manifesto a imposibilidade de recuperar en moitos casos ata un 60 ou un 75%dos aforros”, polo que  “isto suporá que na práctica sexan os afectados os que paguen o rescate bancario”.

Os afectados piden a Rajoy que “”lle faga caso a Merkel que ofreceu ata “100.000 millóns de euros para recatar a banca” e pidan a cantidade necesaria para que “a banca asuma esa liña de crédito ao 1%e que o paguen pois decidiron pedir só 37.000 millóns, deixando os 1.800 millóns dos afectados aínda secuestrados”.

Os afectados denunciaron que Novagalicia Banco da beneficios porque non está pagando aos aforradores e denunciaron que  todos os comerciantes terían beneficios nesta época se non pagasen aos provedores, “se o Goberno lexislase que ningún comerciante debe de pagar aos seus provedores todos terían beneficios, pero isto só o fai coa banca”.

 

You may also like