Finalmente, a votación sobre a venda dos montes en man común de Cabral a Eurofund Investments, non se produciu este domingo. Unha multitudinaria protesta de centos de personas, dende veciños da parroquia, pasando por parte dos propietarios e membros de varias asociacións ecoloxistas, que se oponen ao proxecto Porto Cabral, obrigaron a suspender a reunión da Comunidade de Montes.
A alternativa, logo de horas de debate e momentos de tensión, en medio dun recinto feiral tomado pola Policía, e tres detencións, foi que convocarase unha reunión extraordinaria da Comunidade de Montes que decidirá, pero con voto en urna e logo de informar a todos os colectivos, qué se fai co monte dos arrededores da cidade.
Os opositores a Porto Cabral denunciaron a actitude da xunta directiva da Comunidade de Montes que tentaba tomar unha decisión sen dar a oportunidade de que todos os comuneiros desen a súa opinión e, enfatizaron, sen que poidesen informarse. Ademáis, denunciaron o que calificaron de “campaña mediática interesada” dende diferentes organizacións, “públicas e privadas, co apoio de determinados medios que buscan sacar tallada”, co argumento “dunha suposta xeración de emprego ou coa ameaza aos comuneiros de que se non venden ian ser expropiados”, algo que “non deixou de decir o presidente”.
Pola súa banda, Esquerda Unida, nunha nota envidada á prensa, ven de esixir a “inmediata posta en liberdade” das tres personas detenidas acusadas de agredir a axentes da Policía Nacional. EU adiantou que fará unha pregunta ao ministro do Interior no Congreso dos Deputados, ante o que calificou de “desproporcionado dispositivo policial”.
Esquerda Unida subliña o dereito dos veciños de Cabral a ter información “do que hai detrás do proxecto de Porto Cabral” e sinala que o presidente da Comunidade de Montes “debería demitir inmediatamente” pola súa actitude de “querer impoñer o seu criterio sobre o dos comuneiros”.