O trasatlántico ‘Adventures of the Seas’ chegou este domingo, cedo, na que é a súa primeira escala, a Vigo, con máis de 4.200 persoas a bordo, entre pasaxeiros e tripulación,
O buque, procedente de Southampton e pertencente á navieira Royal Caribbean, será un visitante asiduo da cidade e estará, de novo, por terras viguesas o 19 de xullo, e os días 2, 25 e 30 de outubro.
Este cruceiro, de 311 metros de eslora, foi construído en 2001 e está dotado de 15 cubertas e numerosas instalacións destinadas ao ocio, a restauración e as prácticas deportivas, coma unha de pista de patinaxe, rocódromo, un campo de golf de nove buratos, ximnasio e salón de beleza, varias piscinas, un teatro no que se representan musicais, cinema, biblioteca con máis de 3.000 exemplares, casino e varios bares e restaurantes, entre outros servizos.