Así o avanzou este martes o voceiro do Grupo Parlementar do Partido Popular no Parlamento de Galicia. Pedro Puy asegurou que os populares votarán ‘Sí’ á proposta de lei impulsada polo BNG no que pide a revocación da quita para os Afectados pola Compra de Preferentes.
A mesma iniciativa debatirase no Congreso dos Deputados este martes e nela, o Bloque Nacionalista Galego propón a modificación da nomativa 9/2012, que legaliza as quitas, de xeito que podan reitegrarse aos afectados, “expoliados” a totalidade dos seus aforros.