
A presidenta do Parlamento de Galicia expulsou este martes do hemiciclo á deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Chelo Martínez, despois de ser chamada á orde tres veces durante a sesión de control.
Martínez, como fixo o voceiro do seu grupo, Xosé Manuel Beiras, reclamou ao presidente da Xunta que “respondese” ás preguntas que lle formulaba a oposición. Mentres dende os escaños populares, e tamén a mesma presidenta, Pilar Rojo, acusaban a Beiras de querer protagonismo.
“¡Non quero protagonismo!”, exclamou o voceiro de AGE, apoiado por Chelo Martínez quen levantouse para pedir unha cuestión de orde logo de que o presidente Feijóo suxerise ao seu grupo que fose en coalición nas próximas eleccións co narcotraficante Marcial Dorado, momento no que a deputada berrou “,“¡Non vai a pola foto!”, o cal fixo que Pilar Rojo a expulsase do hemiciclo.