O alcalde anunciou este mércores que mañá dará comezo a obra de aseguramento da parede curvada do túnel de Beiramar – que foi descuberta hai oito días -e que os traballos que poderán rematarse “en tres ou catro días” para despois restablecer o tráfico rodado con normalidade e estudar en detalle as causas do acontecido.
Abel Caballero asegurou que o paso soterrado non presenta dano estrutural e foi unha “cuberta de ladrillo caravista” á que se curvou, posiblemente por efecto da xunta de dilatación. Os traballos garantizarán a seguridade no túnel e permitirán estudar as causas do acontecido e dirimir responsabilidades.