A Asociación A Groba está a denunciar a execución dunhas obras de depuración que afectan ao curso do río Miñor, no centro de Gondomar situadas ademáis nun espazo público. Augas de Galicia iniciou as obras para a construcción de tres depósitos de decantación que terán tres metros de altura e que o seu funcionamento “carrexará graves problemas na zona” indican os voceiros de A Groba.
O espazo no que se está a acometer esta actuación por parte de Augas de Galicia é unha zona verde pública e de protección de ribeiras. O enclave é zona protexida polo que atenta contra a normativa de cauces fluviais.
O obxectivo destas obras é a construcción dun tanque de tormenta que alivie a carga de auga que chegue a pranta de depuración pero “non se atalla o problema real” segundo indican os voceiros de A Groba “que é dimensionar axeitadamente a depuradora” “non se poden adicar 3 millóns de euros, dos que o 70% son fondos europeos a unha obra que dana seriamente á poboación de Gondomar”.
As obras estanse a acometer na zona na que estaba previsto iniciar o paseo peonil dende Gondomar á Ramallosa. A actuación ocupará terreo verde de esparcimento público elevándose a construcción uns 3 metros sobre a beirarrúa.
A asociación A Groba plantexa unha serie de interrogantes, ademáis do pouco axeitado da actuación, “¿qué vai ocorrer cando a depuradora non dea evacuado toda a auga do tanque?” “¿qué vai pasar coas enchentas de agua que desbordan o río?”. Actualmente o estado do rio Miñor o seu paso por Gondomar non está en boas condicións, o bosque de ribeira está moi deteriorado pero as augas discurren limpas ata a depuradora. Estas obras suporían estragar o leito do río 2 kilómetros.
Un dos obxectivos principais dos Fondos da Unión Europea é o de mellorar o entorno natural e a calidade medioambiental, segundo A Groba, esta actuación “incumple este obxectivo fundamental”. Veciños da zona afectada polas obras e de todo Gondomar e membros de A Groba asistirán o vindeiro xoves o pleno do Concello de Gondomar para denunciar a execución destas obras.