Galicia

Desaloxados os Afectados polas Preferentes que levaban 6 meses pechados no Concello de O Rosal

Os afectados pola compra de Preferentes que levaban pechados 6 meses no Concello  de O Rosal, foron desaloxados este luns, pasadas as 8 da mañá, por Garda Civil e Policía Local. Segundo a Plataforma de Afectados de O Baixo Miño, aproveitaron que so quedaran durmindo na casa consistorial dúas personas o cal, salientou o seu voceiro, amosa que “o PP non está cos afectados, se os alcaldes estivesen con nos, este problema xa estaría arranxado hai meses”.

Pola súa banda, o alcalde de O Rosal sinalou que a medida foi necesaria ante a situación case de parálise na que estaba o Concello, no que non hai plenos dende hai medio ano, non están aprobadas as contas xerais de 2012 e non se sacaron adiante os orzamentos de 2013. Ademáis, salientou José María Fernández, a situación xa se estaba facendo insostible para os traballadores municipais.

O alcalde engadiu que os afectados teñen todo o seu apoio  e toda a razón para protestar pero os Concello ten que seguir traballando normalmente o cal perimitiralle seguir facendo todo o que esté na súa man para que os afectados recuperen todos os seus aforros.

 

También te puede interesar