O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 63 persoas debido a 49 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende o venres, día 31 ás 3 da tarde ate as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 19 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 49 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 63 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60 e do 40%, respectivamente, e nas idades dos feridos, obsérvase cun 41% dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos. Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
A ambulancia medicalizada acudiu a tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 55 accidentes e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco ocasións.
En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, cinco foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e cinco se atenderon nun centro de atención primaria.