A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar 21 novas bolsas de práctica laboral para titulados universitarios sen experiencia laboral previa. 20 deles irán destinados a 17 concellos da provincia e 1 prestará servizo nas oficinas do ORAL de A Estrada.
Todos os seleccionados estarán traballando o 15 de xuño nos concellos da provincia que solicitaron persoal, así como nos centros da Deputación. En total, preto de 300 universitarios van ter esa a oportunidade de facer un traballo relacionado cos seus estudos.
As bolsas que se adxudicaron hoxe son as seguintes: Arbo: 1 titulado en Administración e Dirección de Empresas ou Relacións Laborais; Bueu: 1 titulado en económicas ou xestión pública; Cangas do Morrazo: 1 titulado en económicas; Covelo: 1 titulado en dereito económico; Cuntis: 1 titulado en económicas e empresariais; A Estrada: 3 titulados en Economía; Forcarei: 1 diplomado en administración e dirección de empresas; Gondomar: 1 titulado en empresariais; O Grove: 1 titulado en económicas; Lalín: 1 titulado en económicas e empresariais; Marín: 1 titulado en administración e dirección de empresas; Mos: 1 titulado en ciencias empresariais; As Neves: 1 titulado en Administración de Empresas; Nigrán: 2 titulados en empresariais e económicas; Poio: 1 en económicas, dereito económico ou empresariais; Salceda de Caselas: 1 titulado en administración e dirección de empresas ou economía; Vilagarcía: 1 titulado en económicas e empresariais; ORAL A Estrada: 1 titulado en Administración e Dirección de Empresas ou económicas.
Aos 286 contratados ao abeiro deste programa da Deputación hai que sumar os 34 titulados en turismo que xa desenvolven o seu labor en diferentes concellos de Galicia. Así mesmo, o Plan de Emprego provincial, prevé que preto de 800 desempregados traballen nos concellos da provincia financiados polo organismo provincial.