Galicia

O PP pide a Fomento que poña en funcionamento o comité de aeroportos e faga una proposta de xestión dos mesmos

O Partido Popular rexistrou no Parlamento de Galicia unha inciativa pola que pide ao  Ministerio de Fomento que poña en marcha o comité de coordinación aeroportuaria de Galicia e que, no prazo de dous meses, elabore unha proposta de xestión dos tres aeroportos que potencie a súa complementariedade e cooperación.

O deputado popular Alejandro Gómez Alonso, destaca a necesidade de «cambiar a realidade na que se instalou o modelo de competencia entre as terminais aeroportuarias galegas para pasar a un modelo de colaboración no que se aproveiten as especificidades dos aeroportos».

Gómez sinala que a Xunta traballa na elaboración do plan estratéxico do sistema aeroportuario de Galicia, un documento que realiza «unha análise obxectiva e rigorosa» da situación de transporte aéreo de Galicia e na rexión norte de Portugal para adoptar medidas orientadas a conseguir un sistema «no que se reforce a complementariedade e se aumente a eficacia das instalacións e os servizos prestados».

Así mesmo, instou á Xunta a que, mentres non se cree este comité, colabore co ministerio que dirixe Ana Pastor para manter as reunións do grupo constituído o pasado 20 de maio e avanzar na cooperación e coordinación entre os aeroportos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.