Galicia

Beiras, reelixido voceiro nacional de Anova

Xosé Manuel Beiras foi reelixido como voceiro nacional de Anova este domingo pola tarde despois de que a asemblea ao completo votara por él, a man alzada, sen ningún voto en contra.

Entre berros de “presidente, presidente”, “Galiza ceive, poder popular” e “independencia”, Beiras foi ovacionado polos centos de militantes que se deron cita no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, tras o cal comezaron a soar o ‘Grândola, Vila Morena’, coreado ao unísono por todos os presentes, e o himno galego.

Previamente, na presentación da súa candidatura á Portavocía Nacional – única que se presentou nesta I Asemblea Nacional para ocupar un cargo que xa ocupaba dende a asemblea constituínte de Anova -, Beiras fixo un chamamento a ampliar “a proposta ampla de fronte ampla” de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), pois deixou claro que a súa “máxima responsabilidade” é “non só con toda a militancia de Anova, senón con máis de 200.000 cidadáns que votaron a AGE”, nunha fronte na que “o motor principal foi Anova”.

 

También te puede interesar