Vigo al minuto

A CIG convoca este mércores en Vigo unha manifestación contra “o saqueo” económico e polo emprego

A Confederación Intersindical Galega (CIG) chama aos cidadáns a menifestarse este mércores en Vigo (8 da tarde, Vía Norte) baixo o lema “Contra o saqueo e o empobrecemento. Polo emprego na nosa comarca. Por unha insdustria con futuro”.

A central nacionalista salienta a necesidade de amosar a situación pola que está a pasar a cidade a a súa comarca cun desemprego que nos últimos catro anos medrou  un 24,1%, pasando de 38.750 en novembro de 2009 a 49.741 na actualidade, aínda que “os datos superarían as 80.000 persoas se se lle suman os mozos e mozas que tiveron que emigrar ou os parados e paradas que desenvolven accións formativas”.

Tamén incide no descenso de afiliacións á Seguridade Social, 30.000 menos dende 2008, cun ritmo de destrución neta de emprego de 5.000 postos de traballo anuais, “o que fixo que a taxa de risco de pobreza sexa cada vez maior na nosa bisbarra, superando xa o 16%, cinco puntos máis que ao inicio da crise”. Ao mesmo tempo, máis do 50% dos fogares chegan con dificultades a final de mes e máis do 12% con moitas dificultades.

Dende a central nacionalista culpan desta situación ás políticas que está a promover a troika  – FMI, Banco Central e Comisión Europea – a nivel europeo “e que están a seren asumidas e executadas polos gobernos do PP en Madrid e Galicia”. Segundo denuncian, delas deriva en boa medida o desartellamento produtivo que padece a comarca, “estimándose xa nun 60% o número de empresas e factorías do sector industrial desaparecidas nos últimos cinco anos”.

Ademáis, a CIG proporá a convocatoria dunha folga xeral na comarca a finais de xuño ou a comezos de setembro, facendo un chamamento a CCOO e UGT a sumarse á iniciativa.

 

También te puede interesar