Galicia

Ferrolterra paralizado pola folga deste mércores

Un momento da manifestación, este mediodía

A folga convocada en Ferrolterra por CIG, CC.OO., UGT e USTG transcorre sen incidentes, segundo indicou a Policiía Local e a Delegación do Goberno. A mesma, convocada para esixir solucións ante a crise da zona e a falta de carga de traballo no Naval está tendo, segundo os sindicatos, un «seguimento maioritario», en especial nos  estaleiros de Navantia, os principais polígonos industriais, comercio e a hostalaría.

As centrais, que calificaron de éxito esta primeira folga comarcal unitaria en Ferrolterra en 30 anos, salientaron a participación dos  traballadores de Navantia e de empresas auxiliares, así como os establecementos comerciais que xa anunciaran o seu apoio á convocatoria. Tamén permaneceron practicamente sen actividade as empresas dos polígonos industriais de Río do Pozo en Narón e Vilar do Colo en Fene.

Durante esta madrugada, máis de 200 persoas participaron en ‘piquetes informativos’ e, pasadas as 7 e media da mañá, concentráronse ante o Concello de Ferrol, en coincidencia coa hora de entrada do persoal da administración local, pero a Casa do Concello permaneceu pechada.

A actividade dos piquetes dirixiuse posteriormente ao hipermercado Alcampo, no polígono da Gándara, que non chegou a abrir as súas portas. As instalacións estiveron vixiadas pola Policía Nacional.

Ao mediodía empezou a manifestación central, que partinda da Praza de O Inferniño chegou á  Praza de Armas, fronte ao Concello de Ferrol. Milleiros de personas, baixo o lema ‘Esixindo solucións’, denunciaron a situación que vive a comarca cunha taxa de paro superior ao 32% – 10 puntos máis que a media galega -, a falta de carga de traballo provocou que no último ano se destruísen ata 2.300 empregos de empresas auxiliares do sector naval e a desaparición, so desde que empezou o ano, de máis de 30 empresas de distintos sectores.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.