Galicia

Profesionais da sanidade de Vigo alertan, “os recortes afectan seriamente á saúde dos cidadáns”

Urxencias do Xeral

Máis de 350 médicos e enfermeir@s do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) asinaron unha carta na que manifestan o seu rexeitamento aos recortes e alertan de que estes “afectan seriamente á saúde dos cidadáns, ademais de provocar aumentos en listas de espera e demoras para consultas e probas”.

Os profesionais salientan que un dos principais problemas é o “incremento da lista de espera”, que situaron en 19.521 pacientes “á marxe dos de Povisa, que poderían ser unhas 5.700 máis”.

Á marxe, advirten que o novo  hospital vaise construr, “se se fai” con 70.000 metros cadrados menos dos previstos o cal significa que “mentras que aseguraron que solucionaría as carencias de espazo e atención da área sanitaria de Vigo, en poucos anos non será suficiente para cubrir todas as súas necesidades”.

 

También te puede interesar