Galicia

Desconvocada a folga de recollida de lixo en Nigrán

Segundo informan os sindicatos presentes no Comité de Personal do Concello de Nigrán, este xoves chegouse a un preacordo, “avaliado pola maioría do persoal do servizo de recollida de lixo do Concello”, adscrito á empresa Cespa, polo que se desconvoca a folga indefinida prevista para o venres día 14 de xuño para rexeitar a intención da compañía de aplicar durante a negociación do convenio o artigo 41 da nova reforma laboral e modificacar substancialmente as condicións de traballo.

Dende a CIG explican que Cespa pretendían cambiar o horario de traballo, aplicando o 10% de flexibilidade que marca a nova lei, o que faría que significaría traballar máis horas no verán e menos no inverno; tamén querían que se gozasen as vacacións fóra da época estival.

Despois da convocatoria os representantes sindicais mantiveron unha reunión cos responsábeis do Concello de Nigrán, que se desmarcaron do conflito alegando que non tiña nada que ver coa Administración local, asegurando incluso que contratarían unha empresa para recoller o lixo no caso de que se iniciase a folga.

A empresa Cespa mantivo nesta semana diferentes xuntanzas nas que puxo enriba da mesa diversas propostas que no día de hoxe se concretan do seguinte xeito: retirada da  modificación de xornada e o cambio de goce das vacacións; incremento económico que no  2013 será do 0,5% en todos os conceptos – salario base, plus de produtividade, asistencia, e plus de transporte, tóxico e nocturno, máis 100 € anuais en produtividade, 60 € polo cambio de 15 días das vacacións fóra do verán ou de 120 € polo cambio do mes completo fóra do verán.

2014, incremento do 0,6% en todos os conceptos, 100 € anuais en produtividade, 60 € polo cambio de 15 días das vacacións fóra do verán ou de 120 € polo cambio do mes completo fora do verán. O devandito plus de produtividade engadirase ao plus xa existente.

Ademáis incorporaranse un traballador máis con xornada a tempo completo e un oficial; adóptase a cláusula de ultractividade e achéganse  compensacións sociais.

 

También te puede interesar