O presidente da Xunta repetiu este xoves que a mina de Corcoesto só poderá saír adiante se cumpre todos os requisitos legais, ao tempo que lembrou que o seu Goberno veta o proxecto de feldespatos de Xinzo de Limia “porque non se axusta á lexislación”.
Preguntado por se comparte as boas expectativas que a empresa que proxecta a mina de Corcoesto, Feijóo sinalou que os técnicos da Xunta estudan a proposta e que “eu compartirei a súa decisión”.
Eso sí, reiterou,”mentres que non se pronuncien non hai nada sobre esta cuestión salvo un expediente aberto”, para remarcar que o seu Executivo di “si” á explotación mineira, pero avaliará cada proposta e “todas” deberán cumprir as normas. “Se a mina de Corcoesto cumpre todos os requisitos poden ter algunha posibilidade e, se non o fai, non terá ningunha”, concluíu.