A nova edición do ‘Arde Lucus‘, festa de recreación do pasado romano da bimilenaria cidade de Lugo, que empezou este venres e durará ate o domingo, día 16, contará este ano cunha programación con 192 actividades e espera reunir uns 400.000 participantes. Cun presuposto de 200.000 €, o Concello de Lugo pretende converter a Lugo “na capital do imperio”, ao ser esta a única cidade que conserva na súa totalidade a muralla que data de finais do século III e que é Patrimonio da Humanidade.
Ademais, este ano incorpóranse á celebración gladiadores de Bergamo, que participaron en series como ‘Roma’ e que en Lugo interactuar co público. Tamén se une á festa a asociación de Terra Queimada, procedente de Soria, que reconstruirá as guerras numantinas. Durante a festa de exaltación romana celebrarase, ademais, un concerto de Riobo e outras cinco ou seis fóra do programa.
Outro das novidades consiste en que, unha vez rematada esta edición, o encontro final das lexións que participen se realizará dende a Porta de San Fernando, onde se lles despedirá ata o próximo ano.
Son nove as asociacións que colaboran na festa, ademais de empresas como Alsa, que rebaixará un 25 % o billete nos desprazamentos que se fagan ata a cidade da Muralla.