O alcalde avanzou este luns que a Xunta de goberno local aprobou un Programa Social para atender a veciños que estén en dificultades económicas, dotado con 2.650.000 €. O mesmo, salientou Abel Caballero, se divide en dúas convocatorias: a primeira para comedores sociais e entidades que se adican á distribución de alimentos, dotada con 200.000 € á que se accederá por ‘concurrencia competitiva’, – o que supón que todos os proxectos serán avaliados baixo os mesmos criterios, tendo todos eles as mesmas oportunidades, adxudicándose a axuda a aqueles que obtivesen maior valoración dentro do orzamento do que se dispón -.
Esta aportación segundo indicou o alcalde, superará a multiplicación por catro das achegas municipais que se outorgaban ata o de agora e que xa se duplicaron o ano pasado.
A segunda convocatoria, de 2.450.000 €, está destiñada ás familias de xeito directo. Efecuarase nun único pago e poderán presentarse todas as personas que leven máis dun ano empadronadas en Vigo, sempre que os ingresos da unidade de convivencia familiar non sexan superiores ao salario mínimo interprofesional – 645,30 € – e que o importe da renda per cápita de cada un dos membros non supere os 150 €. A cantidade dispoñible dividirase entre todos os solicitantes que cumpran os requisitos. Tal e como explicou Caballero, esta axuda, ademais de apoiar ás familias, “repercutirá de xeito xeralizado no comercio local”.