Dende hai dúas semanas, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), localizada no segundo andar do Concello, ofrece información e apoio aos afectados por cláusula solo na hipoteca. Tras a sentencia do Tribunal Supremo anulando esta cláusula por consederala abusiva, o Concello puxo en marcha unha campaña para asesorar e apoiar aos afectados.
As personas que se dirixan á OMIC recibirán información e un formulario tipo para presentar ante a entidade bancaria para reclamar, no seu caso, a anulación da cláusula, un novo cálculo da cota de pago e a devolución do cobrado anteriormente en aplicación da mesma.
O alcalde asegurou este xoves que, se o banco non atende á reclamación, o Concello tamén ofertará asesoría para un eventual seguinte paso pola vía xudicial. A Oficina Municipal xa apoiou a un número “significativo” de afectados nestas dúas semanas de actividade.