Vigo al minuto

O Naval en Folga

Os traballadores do Naval, en manifestación este xoves polo centro de Vigo/Tresyuno Comunicación

Máis de 5.000 traballadores  de Metalships, Freire, Barreras, Cardama, Armón, Vulcano e Valiña iniciaron este xoves unha folga xeral convocada polos principais sindicatos – que súmase ao chamanmento de paro de todo o sector no norte do Estado – para esixir  solucións á crise do sector, que podería agravarse aínda máis ante a inminente resolución do expediente do ‘tax lease,’ por parte da UE.

A primeira hora sairon dos asteleiros en manifestación por Beiramar e García Barbón cara ao ‘crece dos catro bancos’ entre Colón e Policarpo Sanz para continuar por Urzaíz cara á Praza de España antes de dirixirse á Xunta donde, ás 12 e media, estaba prevista unha asamblea.

Levando un cadaleito e entre berros de ‘Europa escoita o naval está en loita’ ou ‘Almunia, cabrón, traballa de peón’, os manifestantes, pediron ao Goberno que afronte urxentemente a situación “case que terminal” na que está o Naval privado a causa do anterior ‘tax-lease’ que non se sabe, aínda se haberá que devolver o que, indicaron as centrais, causaría a ruina definita dun sector que, “so na Ría de Vigo xa perdeu máis de 7.000 empregos”.

Como alternativa, no caso de que finalmente houbese que devolver as bonificacións fiscais que se aplicaron no período 2002-2011, proponen que, con novo ‘tax-lease’ se a Unión Europea permita a amortización anticipada de determinados activos adquiridos mediante arrendamento financeiro, para favorecer “a continuidade do sector”.

Ademáis, os sindicatos instan ao gobernó Rajoy a que  aposte polo fortalecemento do fondo patrimonial de garantías de Pymar, fondo de reestruturación, liñas de crédito, ou primas á construción naval e á Xunta que impulse una “convocatoria urxente da mesa da industria auxiliar”.

 

También te puede interesar