Cultura

‘Pequeruta’ nocturno de O Coto, este sábado polo litoral de Arcade

Asociación Cultural “O Coto”, o único grupo da nosa cidade cunha programación estable de rutas de sendeirismo enfocado especialmente a familias e nenos, organiza este sábado, día 22 unha ruta nocturna polo litoral de Arcade.

Está é a última peque-ruta da tempada 2012/2013 e ademais moi especial porque, ademáis de ser nocturna, fará un fermoso percorrido pola desembocadura do río Verdugo, entre Arcade e Pontesampaio. Os camiñantes pasarán pola ponte románica de Pontesampaio que cos seus 144 metros de longo une as parroquias de Arcade e Pontesampaio, testemuña de batallas entre franceses i españois na Guerra da Independencia .

O percorrido  rematará na Illa de Insuiña, tamén chamada de Medal, por ter sido propiedade do pintor Antonio Medal e din que punto de encontro con Castelao, Asorey, Laxeiro, Valle Inclán e Ramón Cabanillas

A hora de  saída será ás 9 e media da noite dende o Colexio Público Carballal (acceso pola Avda. do Aeroporto).

 

También te puede interesar