Galicia

Máis de 17.000 galegos deixaron a súa provincia de residencia para traballar noutra

Uns 17.400 galegos abandonaron o seu lugar de residencia durante os primeiros tres meses do ano para traballar noutra provincia española. Segundo un informe realizado pola empresa de Recursos Humanos Randstad, fronte aos case 17.400 galegos que saíron a traballar a outras provincias, chegaron á Comunidade case 14.400.

Por provincias, A Coruña – con 6.900 – e Pontevedra  -3.950 – foron as que máis persoas recibiron para traballar. Na mesma liña, Pontevedra tamén é a provincia con máis empregados que salguen a traballar fóra do seu lugar de residencia  -6.700 – , seguida de A Coruña – 6.500 -.

En todo o Estado 347.494 de traballadores asinaron durante o primeiro trimestre deste ano un contrato que implicaba cambiar a súa residencia a outra provincia, o que supón case un 22% menos que no  mesmo período de 2012.

Este descenso reflectiuse tamén na taxa de mobilidade entre provincias, fórmulas que mide a proporción de contratos que implican desprazamento sobre os contratos que afectan ao territorio. Así, de xaneiro a marzo de 2013 a taxa de mobilidade interprovincial situouse no 11,5%, un valor inferior ao 12,2% do trimestre anterior.

O perfil maioritario dos traballadores que se desprazan é o dun home de 25 e 44 anos, con estudios secundarios, que se dirixe a outra provincia para ocupar postos nas actividades relacionadas co turismo e o comercio e na construción. Por sexo, a maior parte destes traballadores son homes (65,4%), mentres que por idades, o 40,7% corresponde á franxa de 25 a 34 anos e o 28,1% á de 35 a 44 anos.

 

También te puede interesar