Vigo al minuto

Empeza a ‘Semana do Orgullo’ en Vigo

Dende este martes, día 25, e ate o o vindeiro venres, día 29, Vigo súmase á ‘Semana do Orgullo’, cun programa actividades e actos culturais, festivos, e reivindicativos, uns organizados pola Asociación “Nós Mesmas” e os outros pola Concellería de Igualdade. A primeira actividade do programa será o este mesmo ás 8 da tarde coa inauguración da exposición “Visibilidade e activismo. Obras da Colección Visible de arte LGTB” na Casa das Artes.

mércores 26 de xuño ás 7 e media da tarde, proxectase o documental “Arte Gay busca casa”, na Casa Galega da Cultura, na Praza da Princesa.

Xoves 27 de xuño, ás 6 , haberá un acto informativo e actividades para xete moza, na Farola de Urzaiz,organizado pola Asociación Nós Mesmas. Ás 7 e media, está programada a conferencia “A crise e os valores ” a cargo de Ángeles Álvarez Álvarez, no salón de actos do MARCO.

venres 28 de xuño, ás 6, conversa con Teresa Moure e Alfredo Saborido sobre “O xénero na construción da sexualidade”, na Federación Veciñal. Ás 7 e media, performance “Over de rainbow” e actuación da escola de danza Media Punta con “Breackthru” na rúa do Príncipe. Ás 10 da noite, Orugullo Vigo 2013 con Shangay Lily e Djs: Samantha Calvario e Lano del Rey, na praza da Constitución.

sábado 29 de xuño, ao mediodía, contacontos “Una parella diferente” na Biblioteca Central. Ás 7 e media, manifestación “Liberdade sen recortes”, saída desde a Farola de Úrzaiz, e ás 8 e media, “Festa diversa” na praza da Pedra.


 

También te puede interesar