Galicia

O Goberno afirma que ‘Resistencia Galega’ “é unha organización terrorista”

O secretario de Estado de Seguridade declarou este martes que o grupo denominado Resistencia Galega é unha organización terrorista, ao tempo que manifestou que espera que así o entenda a Audiencia Nacional e impoña aos acusados de pertencer ao grupo as penas que lles corresponda.

“Hai suficiente experiencia en España despois de moitos anos en saber a qué se dedican unhas persoas que poñen bombas como para intentar a isto cualificalo doutro xeito. Vivimos moitos anos moi tristes de violencia e terrorismo como para facernos nós mesmo trampas ao solitario”, comentou Francisco Martínez a preguntas dos xornalistas na rolda de prensa na que presentou a campaña ‘A Miña casa a salvo’.

Para Martínez, “trátase dunha organización terrorista” xa que ten “obxectivos división de tarefas comandos” e usa artefactos explosivos.Non estamos ante feitos illados senón ante accións delituosas grupales, non estamos ante nada que se poida cualificar doutra forma que de organización terrorista”.

O secretario conluiu sublimando que isto é terrorismo e polo tanto merece a reacción penal que merece sempre o terrorismo, e por suposto, a máis absoluta e firme condena dende as instancias políticas. Non se me ocorre outra forma de entendelo”.

 

También te puede interesar