Galicia

Fernández Currás, conselleira de Facenda na fusión das caixas, non acudirá á comisión do Parlamento

A secretaria de Estado de Presupostos, que era conselleira de Facenda durante a fusión de Caixa Galicia e Caixanova non acudirá á Comisión sobre as Caixas constituida no Parlamento de Galicia, prevista para este venres. Nunha carta remitida á Cámara, Marta Fernández Currás xustifica esta ausencia asegurando que as súas obrigas no Goberno central inflúen directamente en organismos como o Banco de España, o FROB ou a Sareb.

Esta ausencia súmase á do ex gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, e á do comisario da Competencia e vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, polo que os  deputados estudiarán a viabilidade de enviar un cuestionario para que respondan por escrito.

 

También te puede interesar