É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO venres empeza na Alameda a ‘Feira do Libro’
O venres comeza a 39ª Edición da Feira do Libro de Vigo que, como todos os anos terá na Praza de Compostela o seu emprazamento coa mellor literatura que, con máis volumes de divulgación se celebrará do venres 28 de xuño ao domingo 7 de xullo.
Este é o programa:
Día 28. Venres.
12.00 Apertura da feira.
18.00 O escritor Xurxo Mariño asinará na caseta de Martin Códax Libraría Universitaria.
19.00 Inauguración. Actuación dun grupo artístico. Intervencións institucionais.
Pregón a cargo de Manuel F. Vieites, director da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia.
19.30 Dentro das actividades da inauguración, actuación humorística de Celso Sanmartín
20.30 Escribir en galego para que nos lean en todo o mundo. Coloquio cos escritores Francisco Castro, Xabier López López e Álex Oviedo, escritor e editor de Libros de Pizarra). Presenta o acto Ramón Nicolás.
Día 29. Sábado.
12.30 Actividade infantil. Contacontos Cando naza Malik, baseado nun relato do libro sobre enfermidades raras Qué me pasa Ntumba e realizado por voluntarias da ONG Médicos Sen Fronteiras, coa técnica do kamishibai.
18.00 Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por Nova Galicia Edicións.
19.00 Alfonso Eiré presenta o seu libro Infiltrados, publicado por Biblos Clube de Lectores.
19.00 Alberte Blanco Casal asinará na caseta da libraría Lector Nobel Gran Vía.
19.00 O ilustrador Ramón Trigo asinará na caseta de Libros Para Soñar.
19.30 O escritor Miguel Ángel Alonso asinará na caseta de Andel do Libro Galego e Portugués
19.30 O escritor Pedro Feijóo, asinará exemplares do seu libro Os fillos do mar, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.00 Presentación do libro A cociña dos Cunqueiro, con prólogo de César Cunqueiro e receitas da dona do escritor, Elvira González-Seco Seoane. O libro está editado por Editorial Galaxia. Participan no acto Carmen Freire, Miguel Vila, César Cunqueiro e Víctor Freixanes.
Día 30. Domingo.
12.00 Actividade infantil. Mañán amiga na feira do libro. Hai unha morea de razóns polasque paga a pena ler. Descúbreas na compaña dos nosos protagonistas os monstros Oto e Oli e a súa autora, Asunción Carracedo. Acompáñanos cos Amigos de Papel del Rincón Editorial de Libros Infantiles
18.30 Títeres Babaluva presenta o seu espectáculo Lume, inspirado nun texto de Alberto Varela Ferreiro.
19.00 O ilustrador Xosé Manuel González Oli asinará na caseta de Libros Para Soñar.
19.30 O escritor Moncho Iglesias presenta o seu libro Pedras de plastelina, publicado pola editorial Toxosoutos.
20.00 Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado pola editorial Redelibros.
20.45 Presentación do libro El asedio, de Miguel Otero Furelos, publicado pola editorial Redelibros.
21.15 Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide publicado pola editorial Redelibros
A partires das 19.00 horas, os autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.
Día 1. Luns.
12.30 Actividade infantil. Contacontos 0 a 3 anos. Canta conto, conto canta interpretado por Avoa Youja.
18.15 Presentación do libro infantil O carballo, de Carlos Silvar, publicado por Baía Edicións O autor, que nos explicará como debuxar unha árbore, estará acompañado por Miguel Ángel Fernández Martínez, do grupo naturista Vacaloura e autor da Guía de libélulas de Galicia e Belén López Vázquez.
19.00 O escritor Isaac Otero asinará exemplares do seu libro Pensamiento azul, pensamiento naranja, publicado pola deputación provincial de Pontevedra.
19.00 A cantante Uxía asinará na caseta de Martín Códax Librará Universitaria.
19.00 As marionetas do mundo e os mundos de Barriga Verde. Charla coloquio sobre os títeres galegos realizada por Comba Campoy, investigadora sobre a tradición de títeres galegos e Anxo García, titiriteiro e recuperador do espectáculo de Barriga Verde.
Presentación do DVD – libro Morreu o demo, acabouse a peseta, publicados pola Asociación Cultural Morreu o Demo.
20.00 O escritor Xabier Correa Corredoira, presenta o seu libro Resina de poliéster, publicado por Baía Edicións. Xunto co autor, participará no acto o escritor Francisco Fernández Naval e a directora da editorial, Belén López Vázquez.
20.00 Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infantil. Ola, ola, la, con Mamá Cabra.
21.00 Presentación da nova Plataforma de comunicación enogastronómica: www.benbo.eu e Revista BenBo. Participan no acto Miguel Vila, director gastronómico, Tono Mugico, de producción e edición e Ana Trevisani, directora comercial en Galicia do Forum Gastronómico.
Día 2. Martes.
12.30 Actividade infantil. Obradoiro de reciclaxe O baúl animado, realizado por Cucarandainas.
19.00 Presentación do libro Faneca Brava, de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Manuel Bragado, director da editorial e o autor do libro.
19.30 Sinatura – encontro cos lectores de Dragal (a serie do dragón galego), de Elena Gallego Abad.
20.00 Lectura de As voces baixas de Manuel Rivas. Ao remate, o autor asinará exemplares dos seus libros.
20.00 Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infantil. Cantaruxa coa Bruxa Maruxa, con Uxía.
21.00 Recital de poesía de Rosa Mª González Álvarez, acompañada ao teclado por Freddy Miguel Novoa.
Día 3. Mércores.
12.30 Actividade infantil . Os contos da fraga. Relatos arredor do noso medio ambiente a cargo do narrador e músico Servando Barreiro.
18.30 O escritor Agustín Fernández Paz, asinará exemplares das súa obras
19.00 Iago Santos Castroviejo asinará nacaseta de Martín Códax Libraría Universitaria.
19.00 Presentación do libro Cartas de inverno, novela gráfica de Antonio Seijas, publicada por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado e o autor.
19.30 O escritor Xabier Paz asinará exemplares do seu libro As vidas de Nito, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.00 Presentación do libro Inmateriais, de Suso de Toro, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Manuel Bradado e o autor.
20.00 Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infantil. Animais enCantadores, con Susa Herrera.
21.00 Recital do grupo poético Brétema, de Vigo.
Día 4. Xoves.
12.30 Actividade infantil. A Compañía de Teatro O Titiribaile presenta o seu espectacular contacontos La fábrica de cuentos.
19.00 Sesión de lectura polos membros do proxecto de voluntariado cultural a través da lectura, do concello de Vigo ¡Pasen i escoiten! ¡Pasen i lean!
20.00 Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infatil. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco.
20.00 Presentación do libro Bícame Frank de Miguel Anxo Fernández, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Carlos Lema e Gustavo Garrido.
21.00 Cándido Pazó na feira do libro, co seu espectáculo Historias de sempre para xente de agora.
Día 5. Venres.
12.30 Actividade infantil. A Xanela do Maxín presenta o seu espectáculo para nenos Os libros do titiriteiro
19.00 Presentación do libro O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás Sanjurjo, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Manuel Bragado e a autora do libro.
19.00 María Reimóndez asinará na caseta de Martín Codax Libraría Universitaria.
19.30 O escritor Marcos Calveiro asinará exemplares dos seus libros.
20.00 A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria, con Chisco Fernández Naval , autor de Noite branca, publicado por Edicións Xerais de Galicia, gañadora do Premio Irmandade do Libro 2012 ao libro do ano e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto, publicado po Editorial Galaxia.
20.00 Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infantil. Bicos de música, con Mamá Cabra. De roda en roda. Obradoiro de música traicional.
21.00 Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.
Día 6. Sábado.
12.30 Actividade infantil. As dúbidas dos animais. Divertido contacontos a cargo de Fátima.
19.00 A escritora Magdalena del Amo, presenta o seu libro La dignidad de la vida humana, publicado por La Regla de Oro Ediciones.
19.00 O ilustrador Federico Fernández asinará na caseta de Libros Para Soñar.
19.30 Luís Anguita Juega asinará exemplares do seu libro Donde está tu destino, publicado por Ediciones Carena.
20.00 Presentación do libro Bágoa de Lúa, primeiro da triloxía As crónicas de Landeleira, de Sabela González, publicado por Editorial Galaxia. Xunto coa autora do libro, intervirán Ledicia Costas e Francisco Castro.
21.00 Encontro de Fantasía Galega con Contos Estraños e Urco Editora, coa presentación das obras Magumaba, de Fabián Plaza (Contos Extraños), O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila (Urco Editora), Galiza mutante: Poder Nuclear, de Tomás González Ahola (Contos Extraños/Urco Editora), As crónicas de Bran: A revolta dos mestres, de Xosé Duncan (Contos Extraños), A xanela insólita, de Jorge Emilio Bóveda (Urco Editora), Ninguén lembra, de Vanesa Santiago Vázquez (Urco Editora) e Contos de soños e sombras, de Ariza Piñeiro (Urco Editora).
Día 7. Domingo.
12.30 Actividade infantil. Sorprendente actuación do Mago Toño co seu espectáculo Gravidade cero.
19.00 Presentación do libro Cociñando coas razas autóctonas, de Rocío Garrido Caramés (receitas) e o Equipo Técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia – BOAGA.
19.00 A ilustradora Olalla González asinará na caseta de Libros Para Soñar.
20.00 Presentación do libro As pontes do ego sum, de José Manuel Ledo, publicado por Editorial Ir Indo. Xunto co autor, participará no acto Xelasio Suárez Santiso.
21.00 Rematamos a feira con humor. Contos das 3.651 noites. Divertidos relatos para todos os públicos a cargo de Lois Pérez.
22.00 Peche da feira.