Comarcas

A Xunta aproba o peche de 22 escolas unitarias, entre elas A Baiuca, Chans, Albar e Piñeiro, na provincia

A Escola Unitaria de Taborda estaba en risco de peche

Un total de 22 escolas unitarias situadas nas catro provincias nion abrirán xa o curso que ven por non reunir os seis alumnos de matrícula que estipula a Consellería de Educación para manter un centro.

As escolas que se pecharían na provincia de A Coruña son Bealo (Boiro), Corcoesto (Cabana de Bergantiños), Vilela (Carballo), Herves (Carral), Regoelle (Dumbría), Vilanova (Miño), Uzas (Ordes), Igrexa-Beán (Ordes), Cando de Arriba (Outes), Boavista (O Pino), Ponteceso, Vacariza (Rianxo), Freixeiro (Santa Camba), Montouto (Santa Camba) e Vilaboa (Valdoviño).

Na provincia de Lugo non chega a seis alumnos a día de hoxe o CEIP Aníbal Otero (Ribeira de Piquín); e na de Ourense non cumpre a ratio mínima a escola de Éntoma (O Barco de Valdeorras) e a de Dacón (Maside).

Pola súa banda, na provincia de Pontevedra pecharía a escola unitaria de A Baiuca (Catoira), As Chans (Nigrán), a Albar (Poio), e a de Piñeiro (Tomiño), segundo a relación provisional de centros dada a coñecer pola Consellería de Educación, que subliña que unha decena dos centros teñen tres ou menos alumnos.

Nun comunicado, Educación xustifica que mantén o mesmo criterio de seis estudantes que aplicou na pasada lexislatura para que un centro continúe aberto e o contrapón con que o bipartito de socialistas e nacionalistas, que gobernou entre 2005 e 2009, chegou a pechar escolas con nove alumnos “en tempos de bonanza”. Ao respecto, alude a que durante o bipartito, “cunha boa situación económica e un índice de natalidade máis alto”, se chegaron a pechar 81 escolas unitarias.

 

También te puede interesar