Vigo al minuto

Dende este venres, Imaxina Sons

A Concellería de Cultura e Festas organiza un ano máis o Festival de Jazz de Vigo ‘Imaxina Sons’13’, que chega xa á súa novena edición, e que se desenvolverá dende o 28 de xuño ao 6 de xullo en distintos espazos da cidade, con protagonismo especial do auditorio municipal do Concello (Praza do Rei, 1) e a praza da Constitución.

Imaxina Sons é unha iniciativa municipal que se mantén no tempo en base a parámetros de calidade artística e vontade de satisfacer a diversos públicos, a maiores dos afeccionados ao jazz. Unha aposta pola cultura desde o ámbito municipal, que fai que o festival poda manterse fiel aos seus principios de programar jazz europeo, dándolle aos vigueses a oportunidade de ver artistas de primeira fila, e de promocionar e apoiar o jazz galego e o jazz español.

Na proposta artística contarase con figuras de primeira liña no jazz europeo como o pianista armenio Tigran, encargado do concerto inaugural no auditorio municipal, e o acordeonista francés Richard Galliano, encargado de pechalo na praza da Constitución.

O festival mantén como marca o apoio á creatividade máis próxima, máximo nos tempos que se saben difíciles para os creadores locais. Este apoio faise incluíndo no programa de concertos a artistas galegos que presentan os seus novos proxectos no festival, pero tamén creando espazos novos como é o caso dos concertos na rúa que “abrimos á nova escena local do jazz, rachando un pouco co estereotipo dun jazz nocturno, oculto”. Imaxina Sons 2013 inclúe na súa proposta concertos de músicos de Vigo á luz do día, en espazos públicos que servirán de escaparate para o traballo dos novos creadores.

Como novidade, o festival abre un novo espazo este ano baixo a denominación “Academia de Sons”, que con propostas didácticas en forma de concertos, talleres e cine quere conectar cun público amplo, un público familiar, infantil, xuvenil, estudantes de música que atopen un espazo dentro do festival, etc. Tamén é un gancho para aquelas persoas que visitan Vigo nesas datas, como se vai constatando edición tras edición. A participación nestas actividades, nalgúns casos, precisará dunha inscrición previa a través do teléfono 010, dende o venres 21 ata as 14:00 h do venres 28.

As entradas para os concertos de pagamento – auditorio municipal e salón de actos do Marco- están a no servizo de Servinova ou no teléfono 902.504.500). Os concertos na praza da Constitución serán de acceso libre e, en caso de inclemencias metereolóxicas, a organización poderá decidir o seu traslado ao teatro Salesianos, con entrada libre ata completar aforamento.

 

También te puede interesar