A Deputación de Pontevedra aprobará este venres no Pleno unha modificación de crédito que ten un importe de 31 millóns de euros, dos cales sete irán destinados ao Novo Plan de Emprego, 15 para o Plan de Investimentos (PID) e 9 para amortizar a débeda en 24,9 millóns.
De modo que este ano, a institución provincial amortizará 24,9 millóns de euros – 15 xa previstos nos presupostos e 9 máis incluídos na modificación de créditos que irá á reunión do organismo.
Segundo salientou Rafael Louzán, no capítulo do Emprego, este ano, a Deputación contratará a 3.370 traballadores en diversos plans que teñen unha contía total de 20 millóns de euros. Eses plans son, dun lado, os relativos á contratación, cun custo de 3,5 millóns, de 500 bolseiros, sen experiencia laboral previa, para combater o paro xuvenil.
Outros 720 operarios non cualificados e parados para desenvolver traballos municipais, outros 150 operarios, financiados con convenios coa Xunta e, finalmente os que se derivarán do novo Plan de Emprego que, dotado con 7 millóns.
O presidente do organismo provincial anunciou, ademáis a aprobación do Plan de Investimentos (PID) para o ano 2013 por 15 millóns de euros para infraestruturas básicas nos concellos. E lembrou que os traballos do PID 2012, dotado con 18 millóns e dos que son adxudicatarias 250 empresas, están a saír a licitación estes días.
Polo que atingue á amortización da débeda, Louzán reiterou que esta chegará aos ‘o €’ en 2018, ao tempo que indicou que “no ano 2010, a débeda da Deputación era do 101% sobre o presuposto de ingresos e a 31 de decembro de 2013, será do 48%: baixamos 53 puntos en só tres anos”, concluiu.