É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másExtinguido o lume que arrasou 30 hectáreas de monte arbolado, dende este sábado en Caldas
Segundo informa a Consellería do Medio Rural, está completamente extinguido o incendio forestal rexistrado no concello de Caldas de Reis, na parroquia de Saiar.
O lume iniciouse este sábado ás 16:24 horas e quedou extinguido ás 04:00 horas desta madrugada. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 30 hectáreas de monte arborado. Nos traballos de extinción deste incendio participaron 5 axentes forestais, 10 brigadas, 7 motobombas,1 grumir, 1 pala, 6 helicópteros e 2 avións.
A consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.