Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
Advirten de un verán de lumes “moi perigoso” polo dispositivo “fragmentado e desorganizado”
A Plataforma en Defensa do Servizo Público de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais advertiu este luns de que “se presenta un verán perigoso” tanto para o monte coma para a vida dos traballadores polo “dispositivo de extinción desprofesionalizado e fragmentado” e polo estado do monte, que o responsable desta asociación calificou de “selvático”
En rolda de prensa, integrantes da sinalaron que “hai un risco real para a vida dos traballadores” e sinalaron que parte da culpa delo é que as contratacións nos concellos esté facéndose “a dedo”. Os mortos dos últimos anos en labores de extinción de incendios, salientaron “eran profesionais. Non queremos saber o que pode pasar coa xente que vai ser escollida a dedo nos concellos”.
A xuízo da plataforma, o plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) deste ano é “unha improvisación, carece de consenso cos implicados no dispositivo contra os incendios forestais e abunda na privatización e desmantelamento dos servizos públicos”, o que, ao seu xuizo, leva a unha “desorganización estrutural”.
Neste sentido, criticaron que os traballadores son tanto do servizo público, como de empresas públicas (Seaga) e privadas (Inaer) ou das brigadas municipais e os grupos de emerxencias supramunicipais (GES), de modo que non cumpren todos os mesmos requisitos nin teñen a mesma formación.