É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másDescende o número de parados en Galicia en 10.452 personas
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de situouse en 273.434 persoas en xuño en Galicia, o que supón un descenso de 10.452 persoas, un 3,68%, en comparación co mes anterior, segundo os datos do Ministerio de Emprego coñecidos este martes.
En termos interanuais, por contra, o número de parados ascendeu un 1,57% , o que supón que están anotadas 4.231 persoas máis ás listas do desemprego que en xuño de 2012.
Xuño é un mes no que habitualmente descende o desemprego e dentro da serie histórica só se observa unha suba, a de xuño de 2008, cando o desemprego subiu en case 37.000 persoas. En igual mes de 2012, o paro baixou en 98.853 persoas.
No caso de Galicia, o paro caeu máis, en termos relativos, entre as mulleres, que experimentaron un descenso do 3,9%, ata as 139.724 que figuran nas listas. No caso dos homes, o descenso é do 3,5%, ata un total de 133.710. Entre os menores de 25 anos, a baixada alcanza o 9,9% e a cifra total retrocede ata os 17.719.
O sector no que máis baixou o paro é o dos servizos, cunha caída de 7.223 persoas anotadas nas listas do desemprego, un 4,3% menos que no mes de maio. En total son 159.747 persoas paradas. No caso da construción, o descenso é de 1.281 persoas, ata un total de 43.373; mentres que na industria hai 902 parados menos – un 2,3% de caída -, ata os 38.709. Na agricultura son 9.056 os desempregados, 320 menos que en maio e, por último, no colectivo sen emprego anterior permanecen dadas de alta 22.549 persoas paradas, 726 menos que o mes previo -un 3,1% de descenso -.
Por provincias, o meirande descenso do paro é o de Ourense, cun 4,07% e un total de 29.674 persoas anotadas nas listas do desemprego. En comparación con xuño de 2012, hai sete persoas máis desempregadas, un 0,02%. En Pontevedra, o retroceso intermensual é do 4,05%, ata as 107.460 persoas. Son, en cambio, 1.237 máis que hai un ano.