É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másRescatan o corpo sen vida dun home que morreu afogado en Oleiros
O helicóptero de Salvamento Marítimo ‘Helimer 209’ recuperou na mañá deste martes o corpo sen vida do tripulante dun bote tras caer á auga preto da praia de Bastiagueiro, no concello coruñés de Oleiros
Segundo informa Salvamento, o ‘Helimer’ trasladouno a unha zona habilitada preto da praia, onde estaba desprazada unha ambulancia e o persoal médico do 061, que certificou o falecemento.
O Centro de recibiu, pasadas as 9 da mañá, unha chamada do 112 alertando sobre o tripulante dun bote que se atopaba en apuros en Bastiagueiro e, inmediatamente, mobilizouse a ‘Salvamar Mirfak’ e a embarcación ‘L/S Bianca’ ao tempo que 112 activou medios de Protección Civil por terra, que dende a praia vían á persoa na auga. Efectivos de Protección Civil chegaron ate o corpo, que se achaba entre as rochas, e ante a imposibilidade de recuperalo por terra ou dende a auga, mobilizouse o ‘Helimer 209’, que finalmente o trasladou xunto á ambulancia.