A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe, na súa xunta de goberno, a xestión e desenvolvemento do programa ‘Saúde e Benestar’ para o ano 2013 a Viajes El Corte Inglés, cun prezo de licitación de 306,80 € por persona.
O programa consiste en estancias de 6 días de duración nun hotel, spa ou balneario de Pontevedra, en rexime de pensión completa, uso do spa e desplazamento dende o concello.
A finalidade do programa é mellorar a saúde e calidade de vida das personas nacidas antes de 1963, pensionistas ou personas con necesidades de respiro familiar. Pretende reactivar a economía, apoiar a un sector de gran importancia na provincia como é o da hostelería e termalismo (sobre todo para a ocupación en temporada baixa), xenerar e asegurar postos de traballo e dinamizar o turismo interior.
O número máximo de prazas ofertadas no programa é de 3.333. E o prezo de licitación é de 306,80 € por persona, Iva incluido. A Deputación aportará 30 € por participante, ata un máximo de 100.000 €. Os beneficiarios ou participantes do programa, aportarán, pola súa banda, 276,80 €.
Os establecementos onde discurrirá o programa son os hoteis e balnearios Hesperia Isla de la Toja, en O Grove; Talasso Atlántico, en Oia; Gran Talaso, en Sanxenxo; Spa Oca Galatea, en Sanxenxo; Carlos I Spa Silgar de Sanxenxo; Moaña Talaso Spa, en Moaña; Norat Spa, de O Grove; e Torre de Deza Spa, en Lalín.
Todos eles teñen a categoría de catro estrelas e os seus prezos por persona oscilan dos 240 € por persona – Ive incluido – o máis caro, ata os 185 € por persona -Ive incluido – o máis barato.
Ademáis o organismo provincial adxudicou o servizo de Teleasistencia, que beneficiará a 700 usuarios, por un total de 157.248 €. A Deputación financia o 34%, o 66% restante será aportado polos propios concellos que se adhiran ao servizo e polos propios usuarios.