O presidente da Xunta reiterou este venres na súa comparecencia na Comisión de Caixas do Parlamento de Galicia que cando accedeu ao seu cargo, en 2009, constatou que Caixanova e Caixa Galicia non podía sobrevivir soas e que, asimismo, transmitiu esta impresión ao Banco de España. Feijóo sinalou que o banco central respostou que así o tiña dito ao gobernó de Touriño, pero que este non lle pasara información algunha no traspaso de poderes.
“Non sei se exactamente a información que nos deu o Banco de España era exactamente así, pero sí é certo que o bipartito esqueceu calquera tipo de información no traspaso”, indicou Feijóo.
O presidente repasou as dificultades das dúas entidades, entre as que mencionou a “excesiva expansión fóra de Galicia, a elevada morosidade, o aumento desproporcionado do crédito e a forte dependencia dos mercados maioristas”.Tendo en conta as mesmas, Feijóo salientou que a responsabilidade delo foi do “exceso de ambición dos xestores das caixas e a falta de supervisión” do Banco de España”, que derivaron en decisión coma a venda de preferentes ou as altísimas indenizacións aos directivos que, ao seu xuizo, o seu goberno recionalizou.