Comarcas

Remata en Mos o curso de Cogami de Ofimática para 11 personas con discapacidade

Este luns, día 8, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) remata un curso de formación profesional de Ofimática Básica que durante 340 horas estivo impartindo no Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade que COGAMI ten en Mos.

Esta acción formativa, financiada pola Consellería de Traballo e Benestar –e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega, foi aproveitada por  9 homes e 2 mulleres, procedente dos concellos de Nigrán, O Porriño, Tui e Vigo, formouse en contidos como sistema operativo, tratamento de textos, folla de cálculo, Internet, presentacións gráficas e mecanografía.

Con este, son 17 os cursos de formación profesional que a Confederación vai impartir neste ano co fin de aprenderlles unha profesión ás persoas que forman parte do colectivo que representa, para que estean preparadas para a inserción ao mercado laboral e conseguir, finalmente, a súa inclusión dentro da sociedade.

 

También te puede interesar