Vigo al minuto

A postura de Almunia fai perder ducias de contratos en centos de millóns ao Naval de Vigo

Así se desprende dos datos facilitados este martes pola patronal da industria metalúrxica e á industria auxiliar do naval (Asime) dende hoxe confirmouse que unha  decena de armadores, «clientes habituais» dos estaleiros da ría de Vigo, xa comunicaron “por escrito” a súa intención de «non encargar nunca máis un buque en España se a resolución do expediente do tax lease obriga a calquera tipo de devolución de bonificacións”.

Así manifestouno o voceiro de Asime, Enrique Mallón, nunha rolda de prensa, na que sinalou que varios estaleiros da ría teñen no seu poder eses comunicados, e que puxeron en coñecemento das administracións esa situación. Segundo Mallón, trátase de armadores de Estados Unidos, Noruega ou Sudamérica, que viñeron contratando barcos nos estaleiros vigueses habitualmente, ate o punto de que ios seus pedidos representaron ate o  60% por cento da carteira de pedidos dos asteleiros

Enrique Mallón calificou de “mentira e falacia” as declaración de Joaquín Almunia, de que a devolución do tax lease non afectaría os estaleiros. «É sorprendente esta belixerancia contra o sector naval español», subliñou.

O representante de Asime tamén lamentou que, nos últimos anos, debido á xestión de Almunia o sector naval vigués deixou de asinar 54 contratos para construír barcos cun valor medio de 115 millóns de euros cada un, encargos que finalmente se foron a Noruega, Alemaña, China e Corea.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.