Vigo al minuto

Piden aos vigueses que fagan presión para evitar as devolucións do tax-lease

Os sindicatos do Naval pediron aos veciños de Vigo que fagan presión para que a Unión Europea aprobé que, finalmente, o sector non teña que devolver as axudas do tax-lease aplicadas á contratación de buques, tal e como pretende o comisario da Competencia.

Tras a xuntanza do Consello Social, as centrais lembraron que hai argumentos xurídicos para non ter que devolver as devanditas bonificacións fiscais e salientaron que “a presión social será determinante para lograr que Joaquín Almunia cambie a súa decisión”.

Por elo pediron aos vigueses que acudan á manifestación convocada para este xoves ás 8 da tarde, en defensa do sector, dende a Praza de España ata o edificio da Xunta.

Tras máis de hora e media de reunión, o Consello Social de Vigo, integrado por representantes dos grupos políticos, os sindicatos, organizacións empresariais, veciñais e outros colectivos, aprobou unha declaración institucional na que mostra o seu apoio á industria naval, sen a que “non se pode concibir nin a cidade nin a súa economía”. Ademáis manifestase o “rexeitamento absoluto” á proposta do comisario Almunia, porque non se vai admitir “baixo ningún concepto que haxa que devolver esas bonificacións. Non hai razón legal que o avale”, di o comunicado, ao tempo que os colectivos insisten en reclamar para o naval vigués “o mesmo trato que recibiu Francia”.

Por outra banda, este organismo consultivo instou tanto ao presidente da Xunta, coma ao presidente do Goberno central a que defendan eses argumentos ante as autoridades europeas, para evitar a devolución desas cantidades. Tamén reclaman os dous executivos que leven a posición española ante o presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso.

 

También te puede interesar