Novagalicia Banco abrirá este xoves pola tarde 138 oficinas para tramitar as últimas peticións de liquidez de afectados polas preferentes e as subordinadas, ante o vencemento do prazo para acollerse a esta vía que remata ese venres ás 2 da tarde.
Nunha nota, a entidade indicou que estas oficinas se encargarán de xestionar as peticións que cheguen dos afectados por este tipo de produtos que aínda non solicitaron a liquidez que ofrece o Fondo de Garantía de Depósitos (FGD). Segundo os últimos datos, superan os 7.000 clientes (o 9,9% dos afectados) e teñen atrapados uns 340 millóns de euros.
Deste modo, o horario das sucursais que abren este xoves será das 8 e media da mañá ás 2 e media da tarde e de 4 e media a 8. As oficinas, destaca o banco, amplían horario para reforzar o servizo ofrecido aos clientes que desexan tramitar a venda das accións, que deben cumprir a documentación necesaria.
A aceptación da oferta de liquidez, insistiu NCG Banco, “non pecha a vía xudicial”, de tal xeiro que, unha vez que venza o prazo, reiterou, os clientes que non se acolleran ao mecanismo de liquidez pasarán a ser automaticamente accionistas do banco.
Por provincias, 12 das oficinas que abrirán este xoves pola tarde están na provincia de de Lugo, mentres que son 21 en Ourense; 48 en Pontevedra e 57 en A Coruña.