Vigo al minuto

Alertan de que nenos van polos balóns que caen ao túnel de Beiramar dende a cancha do Berbés

Compromiso por Galicia ven de solicitar, ao concello  que resolva a perigosa situación que está a suceder na cancha de deportes da praza do Berbés, debido á baixa altura das mallas de seguridade. Esta baixa altura provoca que moitos balóns caian directamente ao tunel de Beiramar e que os xogadores baixen até alí a recuperalos, e nalgúns casos nenos de pouca idade sorteando os coches que pasan a grande velocidade.

Compromiso por Galicia quere denunciar esta situación que vai repetirse máis amiudo, xa que acaban de instalarse canastas de baloncesto que, coa súa altura e proximidade ao fondo da cancha, van provocar máis saídas de balóns fora da cancha e novas baixadas ao tunel de Beiramar para recuperalos.

Tendo en conta os antecedentes destas situacións de grande risco para nenos e conductores, CxG solicita urxentemente do Concello este incremento da altura de seguridade das redes laterais, para evitar que “teñamos que lamentar unha desgracia que podía ter sido evitado cun custe mínimo”.

 

También te puede interesar