O aínda secretario xeral dos socialistas de Galicia amosou este sábado a súa satisfación polo que él entende como un respaldo do Comité Federal do PSOE á celebración dunhas primarias para eleixir ao próximo líder do PSdG. Por el contrario a realidade – ademáis do feito de que Pachi Vázquez ten menos peso no PSOE que Rouco Varela – é que a dirección que preside Alfredo Pérez Rubalcaba deu o seu permiso a un proceso que, segundo aclarou o partido é “experimental e non vinculante”.
A realidade, dacordo co que ven de deixar craro o equipo de Rubalcaba, é que as Primarias do 7 de setembro non van valer para nada – da igual o que digan os afiliados – porque, e así o subliña a dirección socialista estatal, “estas primarias non terán ningún efecto a nivel estatutario ou organizativo”.
O PSOE estatal acepta que os socialistas galegos queiran realizar a consulta aos seus militantes, se ben recalcaron que “non terá efecto”, é dicir, que non terá validez de cara ao congreso que se celebrará dúas semanas despois. “O que conta é o congreso. Non se pode ir contra os estatutos do partido”, afirmaron. Dito doutro xeito: no caso de que nas primarias os membros do PSdG elixan a alguén que non sexa do agrado de Rubalcaba a vontade dos militantes quedará supeditada a do secretario xeral estatal…o mesmo que o pasado 18 de maio facía unha proposta para facer cambios nas institucións e nos partidos, empezando pola celebración de primarias para elixir candidato o cal “permitirá garantir o fortalecemento do sistema democrático”.