Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másA CIG pídelle ao Goberno que asuma a devolución das bonificacións do tax-lease
Os traballadores e representantes sindicais coñeceron a decisión do comisario da Competencia, mentres permanecían pechados no interior dos estaleiros da Ría de Vigo, cualificaron de “moi mala nova” a decisión que, subliñaron, deixa ao Naval en estado terminal. So haberá unha esperanza si “o Goberno español asume a devolución das axudas declaradas ilegais polo Comisión Europea”.
A CIG lembra que o tax lease foi unha ferramenta que o Estado español puxo ao servizo dos estaleiros, estruturadores e armadores e polo tanto ten que facerse responsábel da súa devolución. “É como si a lei obriga a Facenda a reter a un empregado un 12% da nómina, este fai a declaración durante anos e un bo día reclámanlle a cantidade que queda da retención do 18% que é a que querían aplicar: o empregado cumpriu coa lei, a culpa sería de Facenda”.
A central, ademáis, esíxenlle a Mariano Rajoy que compareza publicamente para avalar o novo sistema de bonificación fiscal para xerar confianza nos armadores, o que permitiría ao sector contar con financiación e ter acceso a novos contratos.
Finalmente, o sindicato avanzou que, unha vez conten co informe completo sobre o sistema de axudas, realizará unha valoración en profundidade e analizará a posibilidade de convocar mobilizacións en defensa do sector.