O presidente da Xunta recoñeceu este xoves que a petroleira mexicana Pemex avalía o impacto da decisión da devolución do tax lease entre 2007 e 2011 para os seus proxectos de entrar no conxunto de accionistas do estaleiro vigués Barreras e a construción dos dous floteles, co fin de adoptar “a decisión definitiva”.
“Agora acreditamos que os problemas dos contratos de Pemex era do tax lease dende o punto de vista de inicio de corte e chapa. Os contratos de Pemex son os que eran e nos dixo que empezaba a avaliar a resolución para tomar a decisión definitiva”, sentenciou Feijóo, antes de engadir que o seu goberno traballa para deixar craro que o risco patrimonial adicional é “inexistente”.
Ao termo do Consello deste xoves, Feijóo adiantou os pasos que poden darse dende agora logo da decisión de Comisión, entre eles apuntou a un recurso ante o Tribunal de Luxemburgo, “minimizar os efectos tributarios da resolución e adoptar medidas para enfrontar os problemas de financiamento“.
Outras novas: Feijóo fai unha promesa, “se houbese solución ao tax-lease, chegarán contratos aos asteleiros”.