Galicia

Educación dotará con lectores electrónicos a 115 bibliotecas escolares públicas

A Consellería Educación dotará, o próximo curso académico, con lectores electrónicos a 115 bibliotecas escolares para fomentar o uso das novas tecnoloxías e incorporará 20 centros ao Plan Mellora de Bibliotecas (PLAMBE), o que suma un total de 524 colexios e institutos públicos que participarán neste programa o curso que vén.

O PLAMBE inclúese dentro do Plan LÍA 2010-1015, que pretende fomentar “a actividade lectora, a información e a aprendizaxe”.

Educación sinala que este programa é froito dunha implicación conxunta dos docentes e dos centros educativos, por un lado, e da consellería polo outro, a favor dunha dinamización efectiva das bibliotecas escolares como espazos para a alfabetización informativa e a formación lectora do alumnado e mesmo das súas familias”.

 

También te puede interesar