Vigo al minuto

Máis de 2.000 familias solicitaron as axudas sociais do Concello

Solicitude de axudas este sábado no Concello/Tresyuno Comunicación

Preto de 2.200 familias solicitaron ser beneficiarios dos 2,4 millóns de euros dos que está dotado o Plan de Acción Social do Concello que pechou onte o prazo de presentación de solicitudes. O mesmo destinarase á atención directa  a familias, nun pago único, ao que poderán optar aquelas que leven máis dun ano empadroadas na cidade e que, en conxunto, non superen uns ingresos semellantes aos salario mínimo: 645,30 €. As axudas repartiránse, a partes iguais, entre os inscritos que cumplan os requisitos.

A pasada semana houbo colas no concello, pero este sábado, último día para presentar a documentación, podía facerse con máis tranquilidade. Entre os solicitantes, cos que falou vigoalminuto, a opinión xeneralizada era que as axudas non son suficientes e que moitas personas non a cobrarán. Eso faoi o que nos contou Lola, quen nos comentou que a súa irmá non poido optar a ela porque cobra “algo máis” do mínimo, ainda que ten tres fillos e os cartos non lle chegan.

Carlos L., ainda que pensa que a iniciativa é necesaria, asegura que os papeis que esixen son moitos e que tárdanse en conseguir, “porque todo vai moi lento”. En paro dende hai catro anos, deixou de cobrar a prestación e axuda familiar e agarda que lle den esta, “porque xa non sei a quen acudir”. Ao seu xuizo, poderían adicarse máis cartos a axudar, “porque somos moitos os que estamos nesta situación e os políticos deberían sacar cartos de gastos que non son necesarios”.

Para Clara, se o diñeiro repártese segundo as necesidades pode “facer moito ben a moita xente”, e por iso “espero que non haxa favoritismos e que se teñan en conta as circunstancias de cada un, como si ten unha familia detrás que o pode axudar, que non é o meu caso, porque a miña nai e viuva e non pode darnos máis”.

A marxe destas axudas a familias, sete entidades estában inscritas, este sábado para optar a os 200.000 € que dispuxo o Concello para apoiar aos comedores e colectivos sociais.

 

También te puede interesar