Vigo al minuto

Emprego asegura que dedica 8,2 millons á formación de 2.700 desmpregad@s vigues@s

A directora xeral do Emprego e Formación explicou este luns que a Consellería de Traballo dedica máis de 8,2 millóns de euros a cursos de formación para persoas desempregadas da área de Vigo, unha cantidade que, no caso da cidade olívica, ascende a 7,1 millóns de euros.

Ana María Díaz salientou que as políticas activas de emprego son a “nosa máxima preocupación” e que a Xunta “decidiu blindalas malia os axustes presupostarios. Porque seguimos crendo que isto non é gasto, senón inversión”.

En canto aos cursos máis demandados, destacou os vinculados ao sector de automoción e os relacionados coa dependencia. Así mesmo, tamén citou os relacionados co sector turístico e hostalaría.

Díaz apuntou que no conxunto de Galicia se invisten este ano case 41 millóns de euros en formación para desempregados, da cal se beneficiarán máis de 14.000 persoas. A esta partida, súmase outra de preto de 7 millóns de euros que se destinan a formación para persoas ocupadas.

 

También te puede interesar