Mari Carmen Romero, que está sen traballo e que vivía xunto aos seus fillos de 8 e 18 anos de idade nunha vivenda en Navia, foi desafiuzada o luns logo de que o seus ex marido deixase da pagar a hipoteca e que a débeda, a día de hoxe, sexa de 75.000 €.
Este martes a muller e os seus dous fillos reuníronse co alcalde, quen lles ofreceu un piso na rúa Anduriña, ao que, se o desexa, poderá ir de forma temporal mentres se realizan trámites co fin de poder poñer á súa disposición “outra vivenda definitiva nun lugar máis próximo á zona na que estaban”. Ademáis, o Concello lles entregou un talón de 150 € para facer fronte a gastos de manutención e dun hotel e tamén lles dará asesoría xurídica.
Abel Caballero declarou que o asesor xurídico de Alcaldía está en contacto co avogado de oficio que leva o proceso de Mari Carmen co fin de saber se quen realiza o desafiuzamento é un banco ou ben se faino unha persoa que adquirira esa vivenda.
“Se o que desafiúza é un banco tomaranse todas as decisións anunciadas”, advertiu o alcalde – quen hai meses anunciou que o Concello retirará as súas contas das entidades que efectuen execucións hipotecarias -.