Galicia

Personal docente esixe a renuncia do xefe territorial en Pontevedra

A permanente da Xunta de Persoal Docente da provincia de Pontevedra denunciou este mércores a negativa do xefe territorial César Pérez Arias de entregar as vacantes da adxudicación de destinos provisionais para a súa negociación.

A permanente lembra que  o día 26 de xullo é a data estabelecida pola Consellería de Educación para a resolución provisional da adxudicación de destinos provisionais para o curso 2013/2014 correspondentes ao Corpo de Mestres e que o 31 de este mes é  a data estabelecida para a resolución provisional da adxudicación de destinos provisionais para o curso 2013/14 correspondentes ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario.

Por elo a mesma reclamou da Xefatura Territorial a relación de vacantes previstas, para poder reclamar aquelas que os centros de ensino da provincia necesiten e non aparezan entre as previstas pola administración educativa.

“A día de hoxe a Xefatura Territorial non fixo chegar á permanente da Xunta de Persoal Docente relación ningunha” o que, a xuizo do Persoal  fai imposíbel o exercicio do dereito recoñecido aos órganos de representación do profesorado no artigo 40 do Estatuto Básico do Empregado Público a recibir información sobre a política de persoal.

Ademáis, os traballadores  salientan que fai, tamén, imposíbel a negociación das vacantes que se van ofertar, polo cal “esiximos ao xefe territorial que entregue a relación de vacantes previstas e pedimos a súa dimisión”.

 

También te puede interesar